miércoles, 17 de septiembre de 2014

Nube de propósitos

Levo dende o 1 de setembro, día da presentación do curso, preguntándome para qué me metería en isto. Esta mesma semana un usuario de orientación contestoumo, agradecéndome con sinceridade as novas ferramentas  que lle presentaba, ben é certo que xa as tiña citado nalgunha entrevista que outra, pero a perspectiva do coñecemento debe dar una convicción maior... non sei.
 

Vou a seguir, aínda que me costa, e apenas teño tempo, e o de sacrificar o sábado é especialmente doloroso, pero bueno,  vaale… hai compañeiros/as que veñen de moi  lonxe, para eles debe ser un esforzo maior aínda!!!
 


As expectativas que teño do curso, vounas levar escritas  no paraugas, así vereinas diariamente (aquí en Santiago chove un día si e outro tamén), e recordarei cales son as miñas tarefas: conectarme á plataforma, ao twitter, as ferramentas de google, ao blog e facer actividades en grupo e individuais. Teño que levalo aberto, sí, aínda que non chova ¡!!
 

Tamén espero que me protexa de todo o que vai a vir.

Estou segura de que o esforzo vai valer a pena, si o agradecemento dos usuarios e usuarias é tan sincero como o do rapaz desta semana, asegúrovos que si.


Asun.

1 comentario: