miércoles, 26 de noviembre de 2014

¿En qué momento o autónomo pasou a ser emprendedor?.Refexión Individual. MOD.III

Non fai moito tempo, nin tan siquiera dez anos, as persoas que querían traballar por conta propia buscaban asesoramento para facerse traballador autónomo, dependendo da ocupación tamén se lles podía chamar freelance (esnobismo puro).

Pero dun tempo a esta parte a palabra emprendemento e emprendedor invádeo todo.

Ser autónomo tiña moitos inconvintes, pero ás veces víanse compensados coa liberdade de horarios, de organización e de adaptación da empresa ás necesidades propias e non ao revés.
Ser emprendedor é moito máis complexo, vai máis alá de ser autónomo. É amar o teu traballo por encima de todo, ilusionarse por calquer pequeno avance, transformar a túa realidade...

Os novos emprendedores teñen que estar sempre vixiantes, atentos, ser os máis rápidos, facer todo antes que ninguén. Hai moita competencia no novo mercado, demasiada información, "espíanse" entre eles, a través de Facebook, de twitter e instagran, incluso cando teñen un  blog, curiosean para saber qué contan ou qué están facendo.

¡¡Emprendedor se te paras atropéllante!!

O medo ao fracaso está sempre presente, ainda que nos manuais de emprendemento o máis repetido sexa que se fallas, non importa,  que debes valorar o que aprendeches da experiencia e agradecerte a ti mesmo telo intentado.  Fallar non gusta a ninguén .

No momento que arrancan a súa iniciativa empresarial acaban de vender a súa alma ao emprendemento,.

A empresa marca a partir de ahora os seus tempos, os da súa familia e amigos.
Sí, eses que traballan oito  horas ao día, que teñen unha nómina establecida e os fin de semana libres, pero que cando teñen oportunidade recórdanlle:
-¡¡¡que ben estás sen ter que aturar a nadie!!!-
A transición entre autónomo e emprendedor non está resultando nada natural, estase impoñendo as teorías do manual do bo emprendedor do que falabamos antes, e olvidándonos do sentido común, da libertade da persoa, do estilo de vida que nos fai felices e que foi uns dos motivos de lanzarnos á aventura de emprender.

Avanzamos (ou retrocedemos según se mire) cara unha xeneración de emprendedores que se converten en  persoas ansiosas, insatisfeitas, infelices, e sobre todo agotadas de tanta esixencia; qué se preguntan ¿ónde quedaron os autónomos?


No hay comentarios:

Publicar un comentario