jueves, 20 de noviembre de 2014

PLE (Entorno Persoal de Aprendizaxe)

O meu PLE actual basease principalmente na busca de información que realizo a través de Google e diferentes páxinas e blogs.

Para obter información e crear contidos utilizo moitas ferramentas da Web 2.0, e grazas ao meu lector de feeds cada vez organízome mellor. Emprego as redes sociais como o Facebook de diferentes entidades e organismos para recompilar información sobre eventos, ofertas de emprego, programación... En canto a twitter, non son unha gran defensora porque non acabo de encontrarlle utilidade para a miña vida persoal e laboral, aínda que recoñezo a súa inmediatez e concreción. En Linkedin pódese encontrar o meu perfil profesional.

Para compartir contidos utilizo, a nivel personal Google Drive, e no traballo un servidor propio da entidade onde todos os traballadores dos diferentes centros que hai en Galicia, compartimos documentos, proxectos e xestión.

Para comunicarme uso o teléfono, Whatsapp, Skype, Outlook, Gmail, Hangout e o Microsoft Lync co que falo cos compañeiros de traballo.


No hay comentarios:

Publicar un comentario