miércoles, 29 de octubre de 2014

A curación de contidos: reflexión persoal.



Comezarei a miña reflexión sobre estas ferramentas de curación de contidos decindo que para mín foron un descubrimento,  xa que ata o de agora non as coñecía nin oira falar delas.

Con estas ferramentas se tenta:
  •    Evitar o desbordamento ou saturación polo exceso de información.
  •    Distinguir a información relevante da que non o é.

O proceso comeza coa filtraxe da información (sobre un tema/materia) do noso interese, continúa coa agregación daquela que nos pareza máis relevante sobre ese tema e remata coa curación de contidos que implica manter, conservar e engadir á información atopada a través do seu ciclo de vida.

Algunha das ferramentas que nos facilitan este proceso son o Feedly e Scoop it!.
 

Feedly: lector de RSS, que nos permite organizar dunha forma sinxela e visual as nosas fontes habituais de información, podéndoas clasificar por categorías que iremos creando segundo as nosas necesidades. Debemos inscribirnos ao “feed RSS” do sitio do que nos interesa estar ao tanto das súas publicacións.  Cando o sitio actualiza algún contido, o teu lector RSS se encarga de amosarnos o contido actualizado.

A continuación temos unha imaxe do Feedly no que xa se poden ver que se crearon categorías para temas da mesma índole:



Pertence á categoría dos denominados agregadores de contido, permitíndonos combinar información relevante en torno a un tópico de interese profesional. Encárgase de reunir e suxerir contidos, nos o único que temos que facer é escoller de entre os propostos os que nos resulten máis interés. Antes de publicalo contido poderemos engadir o noso punto de vista.

Temos a continuación unha imaxe do proceso de creación do Scoop it!:




A alta e o emprego de ambas ferramentas é moi sinxelo e sempre se pode editar, modificar e engadir información. Penso que son de gran utilidade e nos poderían aforrar moito tempo que desperdiciamos navegando dunha a outra páxina para atopar información, que aquí teremos ben clasificada. 

O único inconvinte que lle atopo é que pode resultar complicado dar con aquilo que buscamos. No caso do Scoop it! a mellor información conseguina a través doutros usuarios, probablemente teñan máis experiencia cá min no seu emprego, ou tal vez máis paciencia. Pero debemos ter coidado, xa que unha vez descubertas as fontes o uso desta ferramente pode ser aditivo. 

Con respecto ao Feedly voto en falta poder acceder a máis información da que se accede xa que poucas páxinas web ofrecen a posibilidade de seguir os seus contidos a través de RSS.

Non me cabe dúbida de que ambos recursos contan cun gran futuro, especialmente e o meu parecer o Feedly, eso sí, sempre e cando as distintas entidades públicas e privadas se percaten da súa valía.


No hay comentarios:

Publicar un comentario