miércoles, 8 de octubre de 2014

A miña reflexión sobre o marco conceptual




Non se me ocurre outro xeito de reflexionar sobre a materia, que expor, o máis brevemente posible, un resumo por temas do estudiado ata o de agora.




Tema 1: Marco de referencia da orientación laboral:

Neste tema partimos da estrutura do SEPE que xunto cos Servizos Públicos de Emprego das Comunidades Autónomas, forman o Sistema Nacional de Emprego. Desde esta estrutura estatal se promoven, deseñan e desenvolven medidas e accións para o emprego, cuxa execución é descentralizada, axustada ás diferentes realidades territoriais.



Os poderes públicos co obxectivo de alcanzar o pleno emprego ou, cando menos, corrixir os principais desequilibrios do mercado de traballo toman dous tipos de medias:



As políticas activas: están formadas polo conxunto de programas e medidas de orientación, emprego e formación que teñen por obxecto mellorar as posibilidades de acceso ao emprego das persoas desempregadas no mercado de traballo, por conta propia ou allea; ao mantemento do emprego e á promoción profesional das persoas ocupadas, e ao fomento do espírito empresarial e a economía social.



As políticas pasivas: teñen como obxectivo principal a protección por desemprego, atendendo a situación de necesidade que se produce cando unha persoa traballadora, con capacidade para traballar e con intención de facelo, non pode prestar os seus servizos no mercado de traballo ben por non atopar un posto, ben por perder o que estaba a desenvolver. En definitiva consiste nunha substitución de rendas destinada a manter o nivel de ingresos das persoas desempregadas.



Tamén se trata neste modulo da regulación política do emprego en España e en Europa. A distinta lexislación reguladora ten como finalidade última a de favorecer a recuperación económica e a creación de emprego. 


En España poderíase destacar O Plan Anual de Reformas de España 2014 cuxas medidas sentan as bases para o cumprimento dos obxectivos da Estratexia Europea 2020. Esta estratexia constitúe un programa anual de planificación, seguimento, exame e axuste das políticas dos Estados membros con obxecto de coordinar os instrumentos que estes utilizan para combater o desemprego, pretende ser un revulsivo a crise e preparar a Europa para o futuro.



Tema 2: O mercado laboral.

Neste tema vamos concretando, é menos xeral e empezamos falando da oferta e da demanda, neste caso os demandantes son os empresarios que precisan man de obra e os oferentes os traballadores. Proseguimos cas distintas escolas de pensamento económico, a clásica e a keynesiana con distintos puntos de vista no que respecta ao concepto de pleno emprego, equilibrio e as causas e efectos do paro.


Entre os Indicadores de mercado de traballo falouse da:

  • EPA: activos, ocupados (por conta propia e asalariados), parados e das
  • Taxas segundo a EPA: de actividade, de paro e de emprego.

Ainda que a definición de parado é recollida pola OIT o Regulamento CE 1987/2000 introduce instruccións sobre cómo interpretar a procura activa de emprego, e España vese especialmente afectada xa que antes, a mera inscrición nas oficinas de emprego como demandante, válida por 3 meses, bastaba para considerar parada a persoa. Có novo Regulamento unha parte das persoas consideradas anteriormente paradas paran a considerarse inactivas.


Definense tamén os tipos de paro existentes: estrutural, friccional, cíclico e estacional). 


Faise unha reflexión sobre a importancia de coñecer o funcionamento dinámico e cambiante do mercando laboral e as súas tendencias fundamentais cara a toma de decisións relativas a elección do obxectivos profesionais (normativas, ocupacións, novos xacementos de emprego, etc).


Para estudar e analizar o mercado e a súa tendencia creánse órganos como son os distintos Observatorio Ocupacionais, tanto a nivel europeo como estatal e autonómico.


Por último neste tema tamén se fai referencia ao traballo tanto por conta allea (empresa pública/privada) como por conta propia. 


Tema 3 “Certificación e F.P.” 
 Este tema pensó que é mellor resumilo por conceptos tales como: 


Cualificación e competencia: chego a conclusión, senon me equivoco, de que estar cualificado significa ter competencias, e ter competencia implica ter coñecementos e capacidades.

Unidades de competencia (UC): As cualificacións (competencias) organízanse nestas conformando o agregado mínimo de competencias profesionais susceptible de recoñecemento e acreditación.

Módulo formativo: nel se describe a formación necesaria para adquirir unha UC.

Sistema Nacional de Cualificacións (SNCFP): elemento en torno ao que xira a reforma da FP

Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais (CNCP): instrumento do SNCFP que ordena as cualificacións profesionais susceptibles de recoñecemento e acreditación. Estas organizanse e 26 familias profesionais e 5 niveis de cualificación de acordo ao grao de coñecemento.

Acreditación de competencias: fai referencia ás disposicións legais e ás metodoloxías encamiñadas ao establecemento de sistemas que permitan o recoñecemento da competencia profesional adquirida a través da experiencia laboral ou doutras  vías non formais. Para esta fixase uns requisitos e un procedemento que pode concluir có recoñecemento da experiencia trala evaluación ou completarse coa formación necesaria.

Certificados de Profesionalidade: capacitan para o desenvolvemento dunha actividade laboral con significación no emprego. Podense obter trala superación dos respetivos modulos formativos ou a acreditación de competencias.


Algún destes conceptos é relativamente novo para mín xunto có da F.P. básica e a dual ainda que grazas ao relatorio de Dona Elena González de la Cámara quedoume un pouquiño máis claro.


Tema 4: A politica social e de emprego da UE.

Como ven todos sabemos a política social e de emprego é unha competencia de titularidade estatal e a función que desempeña a UE e especialmente a de financiamento cara e en base a consecución duns determinados obxectivos. 


A través da estratexia de crecemento Europa 2020 e da estratexia europea de emprego se impulsan medidas para a creación de postos de traballo, a dinamización e equilibrio dos mercados laborais e a supervisión das políticas de emprego.


Unha das partes máis interesantes neste tema e a da mobilidade dos traballadores. Estos gozan, en xeral, da libre circulación que inclúe o dereito de desprazamento e residencia do traballador, o de entrada e residencia dos membros da familia e o dereito a traballar noutro Estado Membro. Vimos quen pode exercer esta liberdade e con qué restricións así como o órgano que proporciona servizos de información, asesoramento e contratación aos traballadores e empresarios, así como a calquera cidadán que desexe beneficiarse do principio da libre circulación de personas. Este órgano é a rede EURES que foi creada entre a Comisión Europea e os servizos públicos de emprego dos estados membros. Tamén merece unha mención especial, xa que contamos coa colaboración dunha das súas representantes, Dona María Cristina Couto Palla, “Europe Direct” un dos centros oficiais de información sobre esta materia. 


Entre os fondos da U.E. só vou mencionar un dos máís populares é relevantes, o F.S.E., estes fondos tentan corrixir os desequilibrios entre as rexións máis ricas e as menos desenvolvidas aumentando as oportunidades de emprego, promovendo a educación e o aprendizaxe permanente, mellorando a inclusión social, axudando a combaer a pobreza e mellorando a capacidade das administración públicas para das mellor servizo aos cidadáns e solicitantes de emprego.



Tema 5: A iniciativa emprendedora como forma de acceso ao mercado laboral.

Este é, dende o punto de vista da recuperación económica, un tema crucial xa que a cultura emprendedora e a innovación son claves para o desenvolvemento dunha sociedade e consecuentemente para solucionar a maioría dos problemas socias e laborais que estamos a vivir.


O informe GEM 2012 sobre emprendemento e creación de empresas chega a unhas conclusión coas que penso que tod@s estamos de acordo que son:

  • a necesidade de mellorar de maneira urxente a falta de acceso ao financiamento, 
  • a redución de trámites para crear unha empresa
  • a implantación de materias que fomenten o espírito emprendedor na etapa escolar e unha formación específica que proporcione mecanismos para o recoñecemento das oportunidades.

Hoxe dia seguimos mantendo uns niveis moi baixos de emprendemento e en moitos casos este emprendemento fracasa por emprender, digamos, “a desesperada”, por non atopar emprego e como única vía posible de acceder a un traballo. Sen apenas formación, sen financiamento, con medo e sin, en moitos casos, a elaboración dun plan de empresa.


Andamos a voltas có cambio do modelo produtivo pero este tardará en chegar xa que é un proceso a longo prazo que require un cambio de mentalidade dende a mesma escola.


O que me queda claro deste tema é que os elementos esenciais para emprender son:

1.   Ter unha boa idea (copiada, propia ou inventada)

2.   A persoa emprendedora (ten que ser aquela que esté motivada para darlle forma a idea).

3.   O plan de empresa (documento que non debe faltar nunca, no que se lle da forma a idea, e entre outros analizase o mercado, a financiación, é os pros e contras da posta en funcionamento).




E ata aquí o meu resumo do modulo 1 do que non me cabe ningunha dúbida de que me será de moita utilidade, tanto a nivel personal como profesional.

1 comentario:

  1. Quero compartir con todos vós aquí como obtendo o meu préstamo do señor Benjamin que me axuda cun préstamo de 400.000,00 euros para mellorar o meu negocio, foi sinxelo e rápido cando solicito o préstamo cando as cousas se estaban complicando co meu negocio Sr. Benjamín concédeme sen demora. aquí tes o correo electrónico do señor Benjamin / whatsapp: +1 989-394-3740, Lfdsloans@outlook.com /

    ResponderEliminar