viernes, 10 de octubre de 2014

Hay que venir llorados de casa

Esta frase retumbou na miña cabeza toda aquela semana.
Pronunciouna Carlos Parada, nunha das primeiras clases. Así, de refilón, intentado calmarnos polas reticencias que moitos de nós poñiamos á utilización nas redes de datos persoais.
Para min foi o punto de partida. Sempre fun de quedarme con detalles e a partir deles construír e intentar alcanzar o obxectivo, abúrrenme as clases maxistrais, e o aleccionamento de expertos academicistas que a maior parte das veces están moi lonxe da realidade ás que estamos expostos diariamente.

Xa tiña a frase, xa podía empezar.


Todo me parece complicadísimo, ata que o fago.
Ensaio-erro, ensaio-erro.
Pero ao final sae, confeso que teño unha inestimable axuda na casa, paciente, didáctico, e que me axuda e repite ata que me queda claro, logo cando me vexo sola e outro cantar, pero vaise facendo. Vou engadindo ferramentas a miña mochila de coñecementos e estratexias para compatir, estou participando de toda unha experiencia de adquisición de coñecementos en tempo record.

Do primeiro módulo quédome coa Estratexia Europea de Emprego 2020, é convinte ter unha perspectiva global do porqué de determinadas tomas de decisión, da política social e de emprego da Unión Europea: A mobilidade dos traballadores, dos diferentes fondos e programas. Do famoso FSE, ¿qué sería de nós sin él?. Cántos documentos levan o seu logo, sabémolo ben os que traballamos con subvencións, con materiais pedagóxicos, con carteis, etc. “El FSE invierte en tu futuro” esa é a frase case inapreciable que pon debaixo da bandeiriña, pareime a mirala un día fai anos, cando unha técnica da Consellería me recriminou:

-“Es que no se lee"- e tiña razón.

Forma parte da miña paisaxe diaria e nunca me parara a saber que poñía.

Vaia se é importante a mensaxe

O ano pasado participei como persoal de apoio nun Proxecto FEAG, (Fondos Europeos de Adaptación e Globalización) nunha iniciativa coa que se pretendía fomentar a reinserción laboral na industria do metal e a empresa auxiliar do naval en toda Galicia, chamábase Empreganav, e os destinatarios eran os traballadores desempregados despedidos por causas obxectivas nese sector.
Foi curiosa a sensación de formar parte dun proxecto que ves plasmado nos apuntes.

Puxen especial interese en intentar aclarar por enésima vez conceptos como cualificación profesional, competencia, procedemento, recoñecemeto, certificado de profesionalidade, unidade mínima... Elena González esforzouse, e cada vez queda máis claro.

Sabemos da necesidade de acreditar a experiencia profesional, pero penso que falta o fundamental, crer nela. Falta vontade de facilitar o proceso, claro exemplo e a mesma administración competindo en diferentes departamentos, si educación, si traballo, si diploma, si certificado... algo non vai como debería.


Consellería de Traballo
Consellería de Educación









Unha sensación similar teñoa coa iniciativa emprendedora. É un tema que nunca me gustou, será que non teño unha visión suficientemente competitiva, certo é que o recomendo como saída profesional, pero supoño que se nota demasiado que é un tema que non domino.

Admiro a todos os emprendedores que coñezo, seguro que o esforzo e compromiso enorme que supón montar unha empresa, non é directamente proporcional aos beneficios que reciben, nun pais que se empeña diariamente en poñer trabas a unha necesidade que detecta e que intenta fomentar sen instrumentos axeitados.

Rogaría aos emprendedores que non deixen diluír as ganas e a iniciativa de formar parte dun conxunto, dun grupo, dunha sociedade, parece que cando un emprendedor se converte en pequeno empresario todo pasa a un segundo plano, ata coller alumnos en prácticas lle parece un esforzo, por non falar de aumentar a formación e cualificación dos seus traballadores.

Non debemos seguir reproducindo esquemas antigos,a nova realidade xa non o permite.

No hay comentarios:

Publicar un comentario